lunes, 26 de mayo de 2014

Visita de Celso Fernández Sanmartín ao IES AS BARXAS-Luns 19/05/14




O pasado luns 19 de maio, visitou o noso centro Celso Fernández Sanmartín nunha actividade organizada polo Departamento de Normalización Lingüística do IES AS BARXAS, na que descubrimos e disfrutamos dun extraordinario narrador, un excelente contador de contos e historias tiradas maioritariamente da tradición oral.
Celso naceu en Lalín en 1969. É licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela.É escritor e autor de libros de poesía
como Divagacións iú (edición de
autor, 1991), O tigre das cenorias
(edición de autor, 1994), Sen Título
(edición de autor, 1995), Propiamente son
captivo (Letras de Cal, 1997), Fucsia,
talladas, estampados, boca (Alvarellos, 2001) e da obra colectiva Letras novas (2008, AELG). Tamén cultiva
outros xéneros como o recentemente publicado Gratas
e Boas Novas (Alvarellos, 2011), un libro inclasificábel, de
imaxes, de cartas e postais; en resumo, un libro de poesía sen versos. 
A experiencia foi fantástica xa que todos os presentes poidemos escoitar, rir e disfrutar cos contos e historias que Celso leva recollendo toda a vida e aprender que “o galego está vivo e ten moitas posibilidades de comunicación”, tal e como xa anticipara o noso compañeiro Brais cando o presentou.


Ao rematar, Claudia e Sira, dúas alumnas do OIE de 3º ESO C, lle fixeron unha entrevista na nosa biblioteca que publicaremos nos próximos días, onde nunha conversa moi animada conseguiron saber, entre outras cousas, que comezou por casualidade neste oficio de contar, unha actividade de amor,
sentido e paixón: pola lingua, pola oralidade, pola comunicación, por pensar
que non se perda un verdadeiro tesouro de historias e contos e ilo por aí
mostrando e ofrecendo coa boca aberta e coa boca chea. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario