lunes, 3 de febrero de 2014

I CONCURSO de MiniVideos "Frases e ditos típicos galegos"

En qué consiste? Presentar unha gravación (ou varias) de curtametraxe breve que teña como moralexa unha frase típica en galego, ou na que se represente unha escena cómica á que ben se lle podería aplicar o dito típico galego que escollades. Por frase típica enténdese calquera refrán, frase feita ou simplemente algunha construcción fraseolóxica que se fixera coñecida por calquera razón.
Duración? Non excederá dos 2 minutos
Requisitos?Pode ser mudo ou con son, pero en galego. O dito elixido ou ben estamparase escrito sobre a imaxe ou ben emitirase coa voz de xeito forte e claro. Non vale unha referencia circunstancial, senon que ha ser central no argumento.
Quen pode participarCalquera alumn@ ou membro da Comunidade Educativa. Individualmente, por grupos ou toda unha aula. Poden colaborar convosco os profesores e podedes ser axudados por persoas que non pertenza ao centro.
Con que facelo? Con medios domésticos. Abonda a calidade de calquera cámara de fotos normal (compacta dixital), de video, de móbil… A calidade do vídeo non terá escesivo peso á hora de elixir os gañadores.
En que formato entregalo? En formato Mov. ou Avi.
A quen llo entregas? Traelo nun pen-drive e pasarllo ao Coordinador do EDNL, o Profesor Brais Pérez. El copiarao e devolveravos o pen. Tamén a través dun mestre ou dun membro do EDNLinguaquetraba que llo faga chegar a el.
Débese incluir un doc. Word no que poñades o título da minicurta, o nome e apelidos dos participantes, o curso ao que pertencen e a súa función na minicurta.
Que faremos con eles? Escolleremos os mellores para un pase o Día das Letras e para a TV do Recibidor do Insti nos recreos.
A convocatoria constará dunha única fase na que un xurado neutral xulgue as curtas e elixa a que mellor executada estea. Haberá un gañador en cada categoría, que levará premio.
Unha para 1º, 2º e 3º da Eso / Outra para 4º Eso, 1º e 2º Bach e Adultos.
A gala de entrega de premios terá lugar no festival audiovisual do Instituto, na que tamén se exporán.
Prazo? De hoxe até o 9 de Maio

Que se valorará? Que sexa creativo, orixinal e cómico. O traballo dos actores e do cámara. Adecuación dos escenarios e da caracterización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario