lunes, 21 de enero de 2013

I CERTAME ESCOLAR DE FOTOGRAFÍA DE CONSUMO

A UCGAL (Unión de Consumidores de Galicia, convoca un concurso fotográfico dirixido a afeccionados á fotografía que cursen estudios nun centro de ensino secundario, bacharelato ou formación profesional de Galicia no curso 2012-13. Tema “O impacto da crise económica en Galicia” As fotografías que concorran ao certame tentarán reflectir as consecuencias ou impacto que o actual contexto de crise económica está a ter nos distintos sectores da sociedade galega ou nos distintos colectivos da poboación galega. Requisitos: As fotografías deberán ser presentadas, en formato dixital, en branco/negro ou cor. Resolución media/alta Deberán ser orixinais e inéditas sen unha signicativa modificación dixital. O número máximo de fotografías admisible por participante é de 3. Data límite para a recepción das obras: día 31 de xaneiro de 2013 As fotografías enviaranse por correo electrónico ao enderezo certames@ucgal.org Cada arquivo fotográfico deberá nomearse co título da obra O correo electrónico enviado incluirá un arquivo adxunto coa seguinte información: Nome e apelidos do autor; idade; pseudónimo; teléfono e enderezo de correo electrónico de contacto; centro donde cursa estudos. As fotografías premiadas pasarán a ser propiedade da Unión de Consumidores de Galicia, que pasará a ser titular de todos os dereitos, de calquera índole, sobre as ditas obras, sen que caiba ningún tipo de pretensión ou reclamación posterior dos autores en relación coas mesmas

3 comentarios:

  1. No estoy incluida en el Planetaki:
    TIE Emma Sotelo, http://emmasotelo.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
  2. No estoy incluido en el Planetaki:
    TIE Miguel Arias, http://miguelariastie.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
  3. tu ya estabas Miguel ;) ,Enma , misión cumplida :)

    ResponderEliminar