viernes, 19 de octubre de 2012

CONSUMÓPOLIS 8

Como xa comentamos na clase, os alumno/as de OIE participarán un ano máis no concurso escolar CONSUMÓPOLIS 8. Dito concurso está organizado polo Instituto Nacional de Consumo e a maioría das CCAA (entre elas Galicia), no que escolares de educación secundaria forman equipos de cinco xóvenes que titorizados por un docente participan nun concurso virtual con dúas fases diferenciadas:
a)       Na primeira fase, plantéxase un xogo en liña no que os equipos deben realizar un recorrido pola Cidade de Consumópolis e superar distintas probas de carácter pedagóxico e lúdico sobre consumo responsable e calidade de vida. Temporalización: dende o 24 de outubro de 2012 ata o 15 de xaneiro de 2013, ámbolos dous inclusive. A clasificación publicarase o 16 de xaneiro de 2013.

b)      Na segunda fase, os equipos que superen a primeira, deberán presentar un traballo colaborativo sobre consumo responsable e deporte, que para este ano consistirá na elaboración dun cartel a elexir entre dúas temáticas: “O deporte: unha opción responsable para o ocio” ou “Os valores do deporte e o consumo responsable”. Temporalización: dende o 24 de outubro de 2012 ata o 28 de febreiro de 2013, ámbolos dous inclusive. Exposición de traballos a partir do 15 de marzo de 2013, para sometelos a votación popular, sen valor en canto a concesión dos premios, ata o 12 de abril de 2013.

Trátase de aprender dunha forma lúdica e amena, utilizando ferramentas e dinámicas motivadoras, participativas e baseadas no uso das TICs.
A competición comenza o 24 de outubro, pero para ir practicando aquí tedes unha DEMO

No hay comentarios:

Publicar un comentario